Amosando publicacións coa etiqueta relatos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta relatos. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de outubro de 2016

"Cando petan na porta pola noite"


O grupo de clubeiros de 3º ESO B anda a ler "Cando petan na porta pola noite" de Xavier P. Docampo.


Resultado de imaxes para cando petan na porta pola noite

Xa comentamos tres dous seus relatos: "O espello do viaxeiro", "O fornadas" e "A loba". Só nos queda por tratar: "O cumpremortes". Este último como vedes polo título entra de cheo na temática da celebración do Samaín.



martes, 25 de outubro de 2016

"Exogamia 0.3"



Resultado de imaxes para EXOGAMIA O.3O grupo do  club de lectura de 1º de BACH B-C-D anda a ler "Exogamia 0.3" de Ramón Caride. Esta é a foto da primeira xuntanza na que comentamos o primeiro relato:  "Reciclado". 


Nel atopámonos con cinco microrrelatos protagonizados por distintos personaxes adolescentes: Tharcisse, Thomas Lugari, Theng-Si , Tino e Tarim. Viven en puntos moi distanciados do planeta: Kivu Norte (República Democrática do Congo), Kigali (Ruanda), Giuyu (República Popular Chinesa), Louzós (Ourense) e Acra (Gana) respectivamente. E comparten unha arela común: unha vídeo-consola, agás o protagonista do derradeiro microrrelato. Na descrición das súa vidas atopámonos coas diferenzas que hai entre o primeiro,  que traballa nunha mina na extracción do coltán; o segundo, que vive nas dependencias da empresa chinesa que exporta o devandito mineral da que é traballador o seu pai; o terceiro, que se gaña a vida montando móbiles e o cuarto, que ten unha vida máis acomodada, que lle permite que lle merquen o último modelo de vídeo-consola, aínda que non aprobe todas as materias de 4º de ESO. Para acabar co quinto personaxe, que vive e traballa nun vertedoiro de material electrónico e non pode desexar a vídeo-consola porque nunca chegou a ver unha enteira.