Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de maio de 2017

"Vento ferido"



"Vento Ferido" é unha mediametraxe nacida no obradoiro audiovisual do CeMAC, o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova. Naceu no verán do 2015 inspirándose nas verbas do autor galego Carlos Casares, e o resultado pódese comprobar sobre estas liñas. 

 "Por moito que intentemos escapar do pasado, dun xeito ou outro, este sempre volve a nós. Isto é o que lle ocorre a Milo, un rapaz de 23 anos que debe regresar á súa vila natal anos despois de escapar dela. Á súa volta descubrirá que tivo motivos máis que suficientes para marchar, e o que parecía un grato reencontro coa familia e os amigos, converterase nun día que xamais esquecerá, no que as fantasmas do pasado non pasarán desapercibidas."

domingo, 13 de marzo de 2016

martes, 8 de setembro de 2015

"O club de lectura nas BE, unha fórmula para espertar lectores"

Non só é bo facer memoria a final de curso, senón que tamén hai que lembrar a principio de curso o traballo dos cursos anteriores, sobre todo cando os nosos horarios están cada vez máis ateigados de horas e traballos burocráticos sen sentido. Por iso deixo aquí o meu relatorio na xornada técnica:

"A biblioteca escolar na formación profesional" desenvolta en Santiago de Compostela o día 12 de maio de 2014. 

Por unha banda, por se alguén pode sacar algunha idea proveitosa para as súas angueiras profesionais e por outra, para deixar constancia das moitas horas de dedicación que supón un club de lectura, algo que seguen sen comprender a maioría das comunidades escolares, que viven alleas a estas experiencias.

E testemuñar ademais que se nos foi unha xeración que estivo no club de lectura, practicamente, durante toda a súa vida escolar no IES de Vilalonga.


O Club de Lectura Nas BE by maraleixa
Salomé Díaz Muñiz

mércores, 4 de marzo de 2015

"O perigo dunha soa historia"



 É curioso como escoitando a historia desta escritora nixeriana calquera galego se pode sentir identificado. CHIMAMANDA ADICHIE achéganos ós nosos esteriotipos de todo tipo, lidos na literatura e aprendidos na cultura cinematográfica, moitas veces allea a nós, e que non nos reconforta porque non é aquela coa que  podemos sentirnos identificados. Así mesmo, advírtenos dos perigos da tan a miúdo empregada simplificación sobre os distintos pobos e etnias do mundo. 

 E non sei moi ben por que, vénme a memoria aquela frase: " Todos al tren, gallegos también"

martes, 13 de xaneiro de 2015

"Os contos do xénero"




Achegamos outro interesante recurso máis para traballar os estereotipos de xénero. As personaxes son: a muller (María), o home (Xosé) e a sociedade, os cales  representan unha pequena trama, onde aparecerán outros secundarios. 

Esta pequena historia sérvenos para repensar, unha vez máis, os roles que a sociedade escribe para os distintos xéneros, creando unhas ideas preconcebidas que se reproducen, unha e outra vez, nos distintos medios de comunicación.

venres, 19 de decembro de 2014

nAmorAndo


nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.

"nAmorAndo" é un  vídeo realizado polo alumnado dos centros públicos de 4º de ESO de Pontevedra, que participou no programa do mesmo nome, financiado por este concello. Nel traballáronse diferentes mitos e crenzas erróneas sobre o amor romántico, así como a identificación de comportamentos perigosos na relación de parella.

Trátase dun proxecto de Jone Ojeda. A realización do vídeo é do espejomagicoproducciones.com.  e a imaxe e a realización de Juan Carlos Pérez.