Amosando publicacións coa etiqueta novela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novela. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de marzo de 2017

"Blanca como la nieve, roja como la sangre" en 2º de ESO




O grupo de club de lectura de 2º de ESO cambiou de coordinador. Agora coordínaos o noso compañeiro, Vicente Grandal.

Neste trimestre acabaron coa lectura d' O neno de pixama a raias e van comezar unha nova novela, Blanca  como la nieve, roja como la sangre de Alessandro D'Avenia.Resultado de imaxes para blanca como la nieve, roja como la sangre 
 Desta novela tamén temos unha versión cinematográfica.

sábado, 4 de marzo de 2017

"Enderezo descoñecido" nun dos grupos de 1º BACH.

Resultado de imaxes para enderezo descoñecidoO grupo de clubeir@s de 1º de bacharelato B-C-D rematou a lectura da novela epistolar "Enderezo descoñecido" da escritora Kressmann Taylor, que nos achegou unha trama na que o nacemento do movemento fascita da Alemaña nazi destrúe a amizade entre os dous protagonistas da historia, un xudeu e un alemán que comparten un negocio de arte e se cartean durante esta época até que as cartas do primeiro empezan a vir de volta por amosar un ENDEREZO DESCOÑECIDO

martes, 21 de febreiro de 2017

"Un monstro vén a verme"/nos cos clubeir@s de 3º A.













O grupo de clubeiros e clubeiras de 3º ESO A están a ler "Un monstro vén a verme". A pesar de que moitos deles xa foron ver a versión cinematográfica están a desfrutar con esta lectura porque poden atopar outros matices que non lles deu tempo a percibir na película que recrea esta novela.
Resultado de imaxes para un mostruo viene a verme

mércores, 15 de febreiro de 2017

Lecturas dos nos@s clubeir@s no 2º trimestre

Nos nosos grupos de lectura estamos a ler:

  • Unha primavera para Aldara en 1º BACH A 
  • Un monstro vén a verme en 3º ESO A 
  • Enderezo descoñecido en 1º BACH B-C-D 
  • Astérix e Obélix en 3º ESO B 
  • O lapis do carpinteiro en 2º BACH C 
  • Todo é silencio en 2º BACH A-B 
  • Escarlatina, a cociñeira defunta en 1º ESO 
  • O neno do pixama con raias en 2º ESO

venres, 4 de novembro de 2016

"O señor Ibrahim e as flores do Corán" en 2º de BACH.



GRUPO DE 2º DE BACH C

En 2º de bacharelato tivémonos  que desdobrar en dous grupos porque un só se facía moi numeroso, de aí que estamos a facer as reunións en sesións alternas os venres. En ambos os dous estamos comentando:

GRUPO DE 2º DE BACH A-B
"Aos once anos, rompín o meu porquiño e fun visitar as putas.
 O meu porco era un peto de porcelana vernizada, color de vómito, cunha fenda que lle permitía á moeda entrar, pero non saír. Aquel peto de dirección única escollérao meu pai, porque correspondía á súa concepción da vida: o diñeiro é para gardalo, non para gastalo. 
Había douscentos francos nas entrañas do porco. Catro meses de traballo."

Este comezo de novela non pasou desapercibido nos seus comentarios, achegarse a este neno protagonista e as súas carencias afectivas foi moi doado para a maioría dos clubeir@s.

martes, 1 de decembro de 2015

Como nos controlan as clases dominantes?

        É  interesante reflexionar vendo estas viñetas sobre as mensaxes que nos daban os escritores: Aldous Huxley no súa novela "Un mundo feliz" e  George Orwell no seu libro "1984"










domingo, 25 de outubro de 2015

Iniciamos os nosos clubs con "Tres segundos de memoria"

Iniciamos a nosa andaiana deste ano no grupo de 1º de bacharelato coa lectura Tres segundos de memoria. Un libro que desde a primeira páxina nos mergulla cunha linguaxe moi peculiar,  na "andamiaxe anímica" dun personaxe que procura non fracasar, unha vez máis no seu día a día, de mozo suficientemente preparado para unha sociedade na que non atopa un lugar.


O título desta novela está tomado da canción "2 besugos" do grupo  de música sevillano Sr. Chinarro.