Amosando publicacións coa etiqueta alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alumnado. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de xuño de 2017

X Xornadas dos Clubs de lectura.

Este ano volvemos c@s clubeir@s a Santiago. Alí estaremos co grupo do club de lectura de 3º ESO A, que son tamén os voluntarios da biblioteca.

O 17 de xuño, en Compostela, celebrarase unha gran "quedada lectora" de integrantes dos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia. Unha boa representación dos preto de 11.000 lectores e lectoras que, de forma periódica, se xuntan para compatir experiencia arredor dos libros e da lectura polos institutos e outros centros de ensino galegos, terán a oportunidade, xunto co profesorado que coordina estes clubs, de atoparse, compartir lecturas, experiencias e un importante número de actividades en compañía de autores e autoras (Pedro Feijoo, Marcos Calveiro, Ledicia Costas, Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial, Suso Fraga, Andrea Maceiras, Rosa Aneiros, Miguelanxo Prado, María Reimóndez, Miguel Anxo Fernández, Antón Riveiro Coello, Antía Otero, Xosé Tomás, Fran Alonso, Berta Dávila, Tamara Andrés e Francisco Castro). Entre outros participantes nesta X Xornada dos Clubs de Lectura, Óscar López, xornalista cultural (Página 2), ou Luís Pardo (cadena Ser); críticos como Ramón Nicolás ou Montse Pena Presas; expertos do mundo da dobraxe (Anxos Ferradáns) e do cine (Jorge Coira) ou narradoras, como Soledad Felloza,  compartirán coas lectoras e os lectores o seu tempo e as súas experiencias. As regueifas, o rap, o graffiti tamén estarán presentes, así como o teatro, o circo e a música tradicional galega (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre). Haberá sesións específicas para profesorado que coordina os clubs de lectura, con Inés Miret e Mercedes Queixas. O final literario correrá a cargo de César Mallorquí, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013 e Premio Cervantes Chico 2015 a toda a súa obra xuvenil,  un dos autores en lingua castelá máis lidos polos clubs de lectura ano tras ano.
Unha grande celebración co gallo dos dez anos continuados da iniciativa CLUBS DE LECTURA nos centros de ensino secundario de Galicia, dentro do programa HORA DE LER para o fomento da lectura no ámbito educativo.

http://lerenmancomun.blogspot.com.es/2017/05/unha-decada-de-clubs-de-lectura-habera.html

mércores, 21 de decembro de 2016

PRÓSPERO ANO LECTOR 2017!




A mellor maneira de que celebredes estas vacacións é abrindo un libro. 



Felices Festas para tod@s @s nos@s clubeir@s!





O GRUPO DO CLUB DE LECTURA DE 3ºA NO NOME DE TODOS OS GRUPOS DE CLUBEIR@S

 DESÉXAVOS UN

 PRÓSPERO  

ANO

 LECTOR 2017!


xoves, 14 de xaneiro de 2016

IV CERTAME DE RELATO CURTO da FANPA



PARTICIPA!

LogoConAnagrama

Ti podes ser un dos 120 finalistas e publicar o teu relato nun libro

 Categorías e premios:

  • Primaria: un vale de 200 euros, un lote de libreos de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón.
  • Secundaria: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón.
  • Bacharelato e Formación Profesional: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón.
  • Adultos: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón.

Ademais, todas as persoas gañadoras e finalistas recibirán un libro cos seus relatos.


domingo, 10 de xaneiro de 2016

XVI Certame de creación artística Poesía e Imaxe: "En galego, sen filtro"

Despois de colleitar o primeiro éxito deste curso co éxito da nosa clubeira de 2º de ESO, Lucía Afonso, que gañou na súa categoría o XII Concurso de Poesía, ANOMAR, do que publicaremos en breve foto da entrega do premio e o poema premiado, continuamos coa nosa traxectoria de concursos deste curso.

 

xoves, 18 de xuño de 2015

Poema da nosa clubeira Lucía Afonso

Co rechiar dos meus ósos de pedra,
non escapo nin me quedo quieta.

Quixen facer o crime perfecto,
cunha corda e un espello.

Quixen ver o meu retrato 
para poder poñerlle fin
a unha existencia como a miña,
tan malvada e tan baleira.

Quixen rachar comigo mesma,
saír do meu ovo de pedra,
desfrutar da miña liberdade na herba.

Eu non quería ter o peso
de ser sempre a presa,
eu non quería ser unha rocha mollada de pedra.

Quixen ver o meu reflexo,
nas miñas augas cristalinas,
quixen correr lonxe
soñando con fervenzas
e subidas.

Pero cando a miña alma
xa reclama esas terras
choca cunha barreira,
a miña cadea, a miña cela.

A miña existencia está baleira,
só hai auga nas miñas veas,
só auga e ósos de pedra.

A miñas memorias
son auga baleira,
auga estancada
nos meus ósos de pedra.

sábado, 14 de febreiro de 2015

 
O grupo do club de lectura de 1 de ESO deséxavos que aproveitedes ben o Entroido. Sen esquecervos de  que unha maneira de cambiar de pel é ler.

luns, 22 de setembro de 2014

Benvida

Dámosvos, de novo, a benvida ó noso Club de lectura, esperamos que a nosa andaina por esta praia estea chea de proveitosas palabras a través das lecturas que vaiamos facendo.

Este blog é a estela do blog inicial A PRAIA DAS PALABRAS, que por motivos alleos a nós sufriu o ataque dun virus maligno que non nos permite visionalo. Tentaremos recuperar do noso anterior blog aquelas entradas máis relevantes para entendermos o noso traxecto ata aquí.

Graciñas por seguir connosco.