![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhdrtv9FMKcDO70NkUQVcpoK7OMxgG1smGsU_vB0SG6uHJdXiHe_WgTbSQItyB3zqFo8WOsBNIfp1xZs7Pxur2gR8XjqPQ4fvkRC_JHjkUU84LimS_AgDQvGisHb4KlC_Fl49IJ3RdwkHI/s320/20170617_101906.jpg)
Este pasado sábado, 17 de maio, unha representación de clubeir@s do noso club de lectura que se chama A PRAIA DAS PALABRAS chegou disposto a SOMERXERSE!!! nas moreas de actividades e obradoiros que lles tiñan preparado desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Comezamos a mañá entregándolle o Premio dos Clubs de Lectura 2017 a Miguelanxo Prado.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgubuDr3Dq6JZ2XkOQgxZ6y97_ROTWsipQd8ZoPJ-urS8wrY17gCn44M8kl2tbAHnj4n6dTZ-GGMj1Ta059AaV8Q_Jl-rTIKyzqVV5q0Yb3jhGRBr7tm9TtawLIFxOxjqnCMmqlQtaeuWY/s320/20170617_105607.jpg)
A seguir, @s nos@s clubeir@s asistiron ós respectivos obradoiros e charlas: obradoiro de cómic con Xosé Tomás e encontros con autores de "Literatura de viaxes" con Andrea Maceiras, Rosa Aneiros moderado por Montse Pena Presas; mesa de autores/autoras sobre as "Claves literarias para tres voces de éxito" con Antón Riveiro Coello, Ledicia Costas, Pedro Feijóo moderada por Ramón Nicolás; encontro con Marcos Calveiro e mesa de autores e autoras novos "Botarse a escribir"con Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial e Tamara Andrés moderada por Francisco Castro.
Pola tarde contabamos coa presenza do escritor, César Mallorquí, que nos engaiolou co seu "Eloxio á mala literatura", explicándonos que o de ler é o vicio máis san que existe.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8Rzy-YE2bmF7pmX_7zz24LhH8JErqwVF9xId2ZPTp1QC7yREMuLDh37Y9Se2lBVjt6hDtahm_mNZgF-DKBb2iXfOaocNR9SvHSZM-hL9Ndk9ISTXJ4gmXPbX65Q40OWsFh05Y5hCws34/s320/20170617_171951.jpg)
Non faltou un momento para estar eles, en primeira liña, a pedirlle un autógrafo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8Rzy-YE2bmF7pmX_7zz24LhH8JErqwVF9xId2ZPTp1QC7yREMuLDh37Y9Se2lBVjt6hDtahm_mNZgF-DKBb2iXfOaocNR9SvHSZM-hL9Ndk9ISTXJ4gmXPbX65Q40OWsFh05Y5hCws34/s320/20170617_171951.jpg)
Non faltou un momento para estar eles, en primeira liña, a pedirlle un autógrafo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOp-hIvRDwXfoqvuP3m48BQLwiM4h4OYBbA5xl5WAS2Ui-urLu60WMxka53ZN0ZabW0JNKrE9_exe7d_SXwOfvHaVnq2jvRnTgmVvebqiLz-PxY-_hmeEatLullzujxW7LbmM88NELoVs/s320/20170617_181518.jpg)
O peche da Xornada correu a cargo do pandereteiro, Xabier Díaz, e as Adufeiras do Salitre e foi un final de festa en todo o sentido literal da palabra, xa que non faltaron cantos e bailes dos asistentes para animalo.
Podes atopar máis fotos e minivídeos desta actividade na seguinte ligazón: https://goo.gl/photos/e3ffbAT8aLsMgy6h7
Ningún comentario:
Publicar un comentario