Amosando publicacións coa etiqueta audiovisual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta audiovisual. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de maio de 2017

"Vento ferido"



"Vento Ferido" é unha mediametraxe nacida no obradoiro audiovisual do CeMAC, o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova. Naceu no verán do 2015 inspirándose nas verbas do autor galego Carlos Casares, e o resultado pódese comprobar sobre estas liñas. 

 "Por moito que intentemos escapar do pasado, dun xeito ou outro, este sempre volve a nós. Isto é o que lle ocorre a Milo, un rapaz de 23 anos que debe regresar á súa vila natal anos despois de escapar dela. Á súa volta descubrirá que tivo motivos máis que suficientes para marchar, e o que parecía un grato reencontro coa familia e os amigos, converterase nun día que xamais esquecerá, no que as fantasmas do pasado non pasarán desapercibidas."

domingo, 10 de xaneiro de 2016

XVI Certame de creación artística Poesía e Imaxe: "En galego, sen filtro"

Despois de colleitar o primeiro éxito deste curso co éxito da nosa clubeira de 2º de ESO, Lucía Afonso, que gañou na súa categoría o XII Concurso de Poesía, ANOMAR, do que publicaremos en breve foto da entrega do premio e o poema premiado, continuamos coa nosa traxectoria de concursos deste curso.

 

luns, 11 de maio de 2015

"Loita de clases"

Esta curta do ano 2013 foi a gañadora gañadora do 1º premio e mais do Premio do público do concurso de pezas audiovisuais curtas de comedia "Somos a curta!", que organiza a Comisión de Normalización Ciencias da Comunicación. 

"Loita de clases" é o seu título. O seu autor é  Denís Losada Varela. Con ela achegámonos dun xeito cómico ós estereotipos dos distintos universitarios cos que se enfrontarán, en breve, unha parte do noso alumnado.



Loita de clases
E a curta gañadora do 1º premio e mais do Premio do público do concurso de pezas audiovisuais curtas de comedia "Somos a curta!", que organiza a Comisión de Normalización Ciencias da Comunicación, resultou ser "Loita de clases", da autoría de Denís Losada Varela, que leva 400 euracos e os correspondente diplomas!
Posted by Servizo Normalización Lingüística Usc on Venres, 8 de Novembro de 2013