Amosando publicacións coa etiqueta Teresa Moure. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teresa Moure. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de marzo de 2016

Valoración de Antonio Casal sobre "Unha primavera para Aldara"



Ler unha obra de teatro sempre ten unha serie de inconvenientes coma a perda da expresividade ou a desaparición da atmosfera máxica que causa a autora con diferentes elementos coma a vestimenta, as luces ou os decorados. Debido á falta de tempo no “Club de lectura” non puidemos realizar a lectura colectiva da obra, que aínda que non é tan proveitosa coma a representación, constitúe unha axuda considerable.

Centrándome máis na miña opinión persoal comezarei resaltando que o inicio da obra non ten nada que ver co que sucede posteriormente: un convento de monxas cunha relixiosidade peculiar (cunha temática a miúdo relacionada co machismo e a degradación da muller) e moitas faladurías circulando por un pequeno pobo, típico argumento dunha novela galega non si? Non obstante, co paso das escenas o libro vai adquirindo forma e amosa a visión feminista que quere dar a autora, encuberta moitas veces mediante a sátira. Podemos obviar o que sucede nun convento normal, pero non neste, aquí mestúranse todo tipo de amores ilícitos, represión sexual e ideas creativas que a escritora utiliza para tentar desviar a obra cara un novo terreo e sorprender o lector (Exemplos significativos son “o cambio de sexo de Nuno” ou o emprego de drogas por parte das discípulas de Deus).

Non penso que “Unha primavera para Aldara” sexa unha obra nefasta, ao contrario, é innovadora e aínda que se centra nun lugar clásico trata temas frescos coma o feminismo ou o lesbianismo, deixando atrás o ruralismo propio da literatura galega. Arríscome a dicir que é unha das pezas máis atrevidas na nosa literatura tanto polas dúas razóns anteriores coma pola mestura de algo tan puritano coma a relixión con algo que eles consideran un pecado.


Agora si, a obra en si non me pareceu amena, moitas pasaxes fixéronseme aburridas e parecía que sobraban. Con respecto aos cambios de rumbo presentes na peza teatral opino que moitos deles simplemente se deron para reforzar as ideas da escritora e non cunha función lúdica. Un gran erro foi que en lugar de ensinarnos o que é o feminismo ofrece unha visión adaptada do que ela pensa sobre esta tema que pode variar dependendo da persoa. Na miña opinión, onde máis se aprecia a verdadeira esencia deste movemento é no final do libro, onde todas as mulleres se unen para lograr un único obxectivo, manter o convento. Como obxección negativa resaltaría o final xenérico que se presenta, un final “medio feliz” onde todos os puntos están atados e que non nos fai reflexionar sobre o tema principal da obra citado anteriormente, o feminismo así coma a liberdade sexual da muller. Pensemos nun final optativo... ¿se intercambiaramos o sexo dos personaxes e fora un home o que tivese un fillo ilexítimo acontecería toda esta historia? Aí é onde quero eu chegar señora Teresa Moure.


Antonio Casal 
1º de bacharelato C

venres, 29 de xaneiro de 2016

"O dereito de pernada" en "Unha primavera para Aldara"


Estes que se agochan detrás dos libros son algúns dos clubeiros de 1º de bacharelato, que andan escandalizados co comezo d' Unha primavera para Aldara no que se nos fala do dereito de pernada.