Amosando publicacións coa etiqueta encontro poético. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta encontro poético. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xuño de 2015

ROTEIRO da ILLA DE ONS





O venres 19 o noso club de lectura "A praia das palabras" realizou un roteiro pola illa de Ons en xuntanza co club de lectura "Libros comarea" do IES Agra das Raíces (Cee). 

A lectura do libro de Pedro Feijoo "Os fillos do mar" foi o punto de partida para visitar o Furado do Inferno. A poesía coa temática do mar achegounos poemas de todo tipo e épocas, desde Martín Codax, Amado Carballo, Manuel Antonio ata Cunqueiro na voz dos integrantes do noso club. 

As nosas clubeiras: Sara Martínez e Lucía Afonso tamén leron poemas seus.

Os "Areeiros" trouxéronnos poemas do "Batallón literario da Costa da Morte" e outros poetas: Estevo Creus, David Creus, Suso Bahamonde, María Lado, Rafa Villar e Miro Villar.

Moitas grazas pola visita, e BO VERÁN PARA TOD@S!

xoves, 14 de maio de 2015

ENCONTRO: "POESÍA EN CLAVE DIXITAL"

Mañá 15 de maio participamos no encontro: "Poesía en clave dixital" en Caldas de Reis, no que os nosos grupos de club de lectura se reúnen cos grupos de alumnado dos centro do IES de Poio, IES de Sanxenxo e do IES San Paio de Tui. Contamos con obradoiros coas poetas: Rosalía Fernández Rial, Susana Aríns e cos músicos: Sergio Trillo e Clara Pino. 
Eduardo P. Baamonde

 O grupo de 1º de ESO recitará poemas de Susana Aríns e Clara Pino no recital que se realizará no Auditorio Municpal de Caldas de Reis e a nosa alumna Sara Martínez de 2º de bacharelato recitará os seus poemas premiados nos Premios Minerva deste ano. 

O grupo de 3º de ESO tamén recitará un poema de composición colectiva propia na homenaxe ó río posterior á comida.

 POEMA Ó RÍO UMIA.

 Empezamos este poema
 sen trampa nin cartón.
 O río Umia 
non ten comparación. 

 Nós, os de Vilalonga 
este poema imos recitar.

 É do río Umia, 
así que ninguén se pode queixar.

 Forcarei veuno nacer
 coas pedriñas no caudal.
Corre a súa auga linda,
 corre entre o vendaval.

 Choiva no inverno
 e saraiba tamén, 
alimentan o Umia 
vaivén tras vaivén.

                                                                                                                                       As fábricas acaban co Umia                                 contaminándoo sen piedade. 
  Se non o coidamos nós, 
    quen lle dará liberdade? 


  Os veciños non se cansan
de protestar e protestar. 
              Pois queren o mellor para o río
              con temor polo que poida pasar. 

                                           Este poema xa está rematado,
                                           esperamos que fose do voso agrado. 

Todos eles contribuirán na intervención poética polo rueiro de Caldas de Reis, consistente na pegada deste poema convertido en palmeira e outros carteis e folletos, que ofrecerán versos e poemas pola rúa e distribuíndo publicidade poética nos parabrisas dos coches.