Amosando publicacións coa etiqueta RECURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECURSO. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de febreiro de 2017

Entrevista a Manuel Rivas.

Un dos grupos do club de lectura de 2º de bacharelato anda mergullado nesta lectura.



Nesta entrevista, o escritor Manuel Rivas debulla unha parte do proceso de creación do libro, que estamos a ler cos clubs de letura de 2º de bacharelato, Todo é silencio. Así mesmo, tamén fai referencia ás relacións "eróticas" que teñen as súas obras, tanto esta, como A lingua das bolboretas do libro de relatos Que me queres, amor?, co cine.

Na primeira sesión, que dedicamos á lectura de Todo é silencio, debullamos, entre outras cousas, as relacións ente a literatura e o cine que aparecen na obra, nas  múltiples referencias cinematográficas e parámonos, tamén, a comentar a súa estrutura: "O silencio amigo" e "O silencio mudo".

N"O silencio amigo", as referencias literarias ó poema de Rosalía que aparece en Follas novas.
"Todo é silensio  mudo,
soidá,delor
onde outro tempo a dicha
sola reinou…"

"Nove Lúas ten un libro nas mans. Abriuno por abrir, mais foi pasando folla a folla e hai tempo que está ensumida na lectura
            - Que les?
            - Ten sucos de piollos,
            - E coméronlle as letras?
            - A ver, escribe!
            - Non sei. Non teño papel.
            - É igual, parvo! Escribe.Todo é silensio mudo …
            - Será silencio.
            - Pois aquí pon silensio. Por algo será." (páx. 61)
           
E n' "O silencio mudo" a do salmo 135 da Biblia, o Canto dos elixidos. "Os ídolos dos xentís son prata e ouro, / feitura das mans dos homes. / Teñen boca e non falan, / teñen ollos e non ven, / teñen orellas e non oen / e non hai alento na súa boca. / Coma eles son os que os fan / e cantos neles confían". Nesta entrevista, o propio autor, engade unha frase pronunciada nun contexto brutal: " Non era dócil ó imperio da miña voz" para entender este silencio. Para seguir a profundizar nas fontes desta obra tamén é interesante a ligazón a esta entrevista do xornal El  País.

Na segunda sesión, que realizaremos mañá, compararemos varios aspectos da versión cinematográfica da película de José Luis Cuerda coa literaria que acabamos de ler.

sábado, 9 de maio de 2015

"Maimiño e o espello máxico"

Este venres estreouse nos cines "Maimiño e o espello máxico". Trátase dunha película de animacion galego-cubana, que vén a animar a seca de cine en galego neste mes das Letras.

O filme é unha versión libre do conto de "Polgariño" de José Martí. Os actores galegos: María Castro, María Pujalte, Antonio Murelos, Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Carlos Blanco, Tacho González, Luís Iglesia, Monti Castiñeiras, entre outros, puxeron voz a historia deste pequeno labrego que pretende sacar a súa familia da pobreza iniciándose nunha aventura na que tocará temas como o amor, a amizade, a honra e a xustiza feliz.

Uxía e Xoán Curiel interpretan os temas que Silvio Rodríguez creou para este filme.

 

mércores, 6 de maio de 2015

"Ai meu ghato" e "Contedor munisipal"






Na espera de publicar, en breve, as videocreacións realizadas polo noso alumnado, entre elas, alumnas do Club de lectura. Deixamos aquí os videoclips realizados polo alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón en música e plástica neste curso 2014-2015.

venres, 17 de abril de 2015

Monforte: 2015, ano Lois Pereiro


Monforte vén de bautizar a súa Biblioteca Pública Municipal e a Casa da Cultura co nome do noso poeta LOIS PEREIRO e de declarar o ano 2015 como Ano Lois Pereiro, de xeito que están a realizar unha serie de actividades en homenaxe a este autor.



"Curiosidade", Lois Pereiro from Jorge García-Valenciano on Vimeo.

View more presentations or Upload your own.

luns, 13 de abril de 2015

"A piragua" de Cándido Pazó




A piragua é unha peza do noso teatro contemporáneo de Cándido Pazó. Guía didáctica da obra.


Son interesantes as preguntas que se formula este lector no blog Falamos de libros sobre este texto teatral.

domingo, 12 de abril de 2015

Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014



A nosa compañía de teatro Chévere, que conta xa con 25 anos de historia,  foi galardoada co Premio Nacional de Teatro 2014.

Obras recentes desta compañía como "Citizen", "Erurozone" ou "Ultranoite no País dos Ananos" foron recoñecidas polo xurado pola súa capacidade na transgresión de xéneros. Así mesmo, salientouse a súa faceta humorística e participativa "sempre conectada coa realidade social e económica" e o seu "forte compromiso" co ámbito cultural galego.

venres, 10 de abril de 2015

Poesía dixital da man de Fran Alonso con Poetic@.gal

 Fran Alonso e os hiperversos

"Poetic@" é un proxecto poético multimedia, que o seu autor Fran Alonso define como "instalación poética" e que supón unha anovadora proposta na nosa lírica actual, que pretende que o lector interactúe a través de ligazóns e xogos.

Máis información sobre esta nova en Cultura galega.org.
 

luns, 2 de febreiro de 2015

"Nenos do tear"




A organización sen ánimo de lucro, Save the Children, lémbranos que ata oito millóns de nenos e nenas traballan en condicións de escravitude no mundo.

Neste documental titulado "Nenos do tear" temos unha mostra do que acontece en Paquistán.

"Os difuntos falaban castelao"




Curtametraxe baseada nun conto d'Á lus do candil de Ánxel Fole.

Os nosos poemas de amor e desamor


mércores, 28 de xaneiro de 2015

"Guapa", non te deixes controlar por ninguén.



E seguimos dando pasos atrás. Xa vai sendo hora de que nos vexamos "guapas", sen ter que vérmonos a través dos ollos de alguén. 


Guapa from Barezi on Vimeo.

Reactualizamos esta entrada con esta  curtametraxe para reflexionar sobre o maltrato sutil, unha vez máis.

venres, 5 de decembro de 2014

O grupo de 3º ESO do club en Salamanca

Aquí tedes un álbum de fotos do Barrio do Oeste de Salamanca da nosa viaxe de novembro, onde puidemos contemplar unha ampla mostra de arte urbana e urban knitting ou tamén chamada guerrilla do ganchillo.
O noso grupo do club de 3º de ESO participou na experiencia POESÍA DIXITAL realizada polo grupo ENREDANDO VERSOS na viaxe a Salamanca. Na que compartimos a experiencia con outros centros cinco centros de Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro escolar do norte de Portugal: Macedo dos Cavaleiros.



Realizamos un recital conxunto de todos os centros dirixido polo poeta Raúl Vacas e o cantautor, Fernando Maés. A nosa alumna Lara Martínez Tacón recitou un poema refeito por ela sobre outro poema de Consumir preferentemente de Raúl Vacas.

                                                               PROMETO





Prometo acostumbrarme al olvido
por extraño que sea.
Al silencio sin ningún respiro
y al olor del desayuno con tostadas quemadas
Prometo acostumbrarme a la rutina
a olvidar esos besos dulces.
A colgarte las llamadas los martes y domingos,
a romper tus fotos y a enfadarme por todo,
a reír cuando me olvido, a llorar cuando me acuerdo.
Prometo olvidarme de tus manías,
de tu barra de labios, de tu sombra planchada
y de tu fría mirada.
Prometo ser dulce cuando llegue el momento
en que desaparezcas de mi vida.