Despois de colleitar o primeiro éxito deste curso co éxito da nosa clubeira de 2º de ESO, Lucía Afonso, que gañou na súa categoría o XII Concurso de Poesía, ANOMAR, do que publicaremos en breve foto da entrega do premio e o poema premiado, continuamos coa nosa traxectoria de concursos deste curso.
Amosando publicacións coa etiqueta pintura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pintura b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 10 de xaneiro de 2016
xoves, 22 de xaneiro de 2015
Xuntanza para comentar "O pintor do sombreiro de Malvas"

O pasado xoves, 22 de xaneiro, tivemos a nosa xuntanza final da lectura do libro O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro co grupo de 3º de ESO.
Nos comentarios dos nosos clubeiros saíron varias veces as actitudes e ideas intransixentes de certos personaxes da novela, como as do señor cura, a tía do protagonista ou os rapaces do pobo, entre outros, que representaban a sociedade abafante dese pobo rural francés chamado Auvers que acolleu a Vicent Van Gogh durante os últimos meses da súa vida.
Para afondar neste libro segue a ser interesante compartir esta pequena presentación realizada polo club de lectura do IES de Poio, hai xa uns anos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
