Amosando publicacións coa etiqueta animación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 16 de outubro de 2024
martes, 8 de marzo de 2016
"Non somos invisibles"
Non somos invisibles. from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

Compartimos esta animación e a viñeta de Davila para conmemorar o Día Internacional da Muller.

mércores, 10 de xuño de 2015
"Slimtime"
Nunha das nosas lecturas deste ano, "Escarlatina, a cociñeira defunta" da autora LEDICIA COSTAS tratamos a temática da cociña.
Esta curta sérvenos para reflexionar sobre comer ben. A importancia de aceptar as nosas diferenzas á hora de saborear o gusto pola comida. Sen esquecer que temos que coidar a nosa saúde, non podemos pretender ser todos iguais, sobre todo, no tocante á ditadura que sofren as nosas rapazas coa presión publicitaria das modelos.
sábado, 9 de maio de 2015
"Maimiño e o espello máxico"
Este venres estreouse nos cines "Maimiño e o espello máxico". Trátase dunha película de animacion galego-cubana, que vén a animar a seca de cine en galego neste mes das Letras.
O filme é unha versión libre do conto de "Polgariño" de José Martí. Os actores galegos: María Castro, María Pujalte, Antonio Murelos, Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Carlos Blanco, Tacho González, Luís Iglesia, Monti Castiñeiras, entre outros, puxeron voz a historia deste pequeno labrego que pretende sacar a súa familia da pobreza iniciándose nunha aventura na que tocará temas como o amor, a amizade, a honra e a xustiza feliz.
Uxía e Xoán Curiel interpretan os temas que Silvio Rodríguez creou para este filme.
martes, 24 de febreiro de 2015
"Feast"
Esta curta levou o premio Óscar nesta edición 2015 á mellor curtametraxe de animación.
É unha tenra historia contada por un can da relación de parella do seu dono, descrita bocado a bocado a través das comidas que van compartindo.
luns, 2 de febreiro de 2015
luns, 19 de xaneiro de 2015
"Vida María"
Quédavos aquí esta curta brasileira titulada "Vida María", onde a vida de María representa á desas moitas outras nenas, que viven en países nos que infancia lles é roubada para axudar nas distintas tarefas e traballos das súas casas.
luns, 3 de novembro de 2014
Xuntanza inicial do grupo do club de 2º de bacharelato

Este ano comezamos no noso grupo de 2º de bacharelato con banda deseñada. Buscamos nos fondos da nosa biblioteca todos aqueles títulos que temos en galego e tamén contamos con varios exemplares do mesmo título grazas ó agasallo do CPI Castro Baxoi de Miño. Os seus títulos son: "Un home feliz", "Mensaxes", "Aventuras de cacauequi" e "Onde ninguén pode chegar" de Antonio Seijas, Mariano Casas, Jacobo Fernández Serrano e David Rubín respectivamente. Todos eles foron Premio Castelao de Banda Deseñada.


Outra das novidades deste ano é que desdobramos este grupo do club, debido ó alto número de participantes, que pasan de vinte e cinco. Así, á primeira hora virá unha metade e á segunda a outra para que que a participación poida ser a axeitada.
mércores, 22 de outubro de 2014
mércores, 8 de outubro de 2014
CURTA ANIMADA DE "XOGO DE TRONOS"
Esta curtametraxe animada tenta resumir os sucesos máis importantes das catro temporadas da serie "Xogo de Tronos". Está realizado pola compañía BlackMeal.
luns, 29 de setembro de 2014
"Bave Circus"
Film d'animation réalisé par les étudiants de Supinfocom :
DESFRETIER Philippe, DUFRESNE Nicolas, KAUFMANN Sylvain, LAUGERO Martin.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

