Amosando publicacións coa etiqueta literatura aficana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura aficana. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de marzo de 2017

"Todos teriamos que ser feministas"

Foto de Armando Requeixo.
Non é a primeira vez que traemos a este blog as palabras da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie para falar de estereotipos, neste caso sobre os de xénero. 

O seu libro, Todos teriamos que ser feministas, publicado agora en galego, resume  a conferencia que podemos escoitar a continuación e fálanos con moito humor de todos aqueles micromachismos e machismos con palabras maiúsculas cos que ten que lidiar a muller do século XXI. 


mércores, 4 de marzo de 2015

"O perigo dunha soa historia"



 É curioso como escoitando a historia desta escritora nixeriana calquera galego se pode sentir identificado. CHIMAMANDA ADICHIE achéganos ós nosos esteriotipos de todo tipo, lidos na literatura e aprendidos na cultura cinematográfica, moitas veces allea a nós, e que non nos reconforta porque non é aquela coa que  podemos sentirnos identificados. Así mesmo, advírtenos dos perigos da tan a miúdo empregada simplificación sobre os distintos pobos e etnias do mundo. 

 E non sei moi ben por que, vénme a memoria aquela frase: " Todos al tren, gallegos también"