A comunidade educativa do IES de Vilalonga tamén quixo achegar o seu grao de area en repulsa da lacra social da violencia machista que se reflicte nas seguintes cifras a día de hoxe: 48-8 (6).
48 mulleres mortas, oito dos seus fillos e seis delas galegas.
Con estes sinxelos lemas e a lectura duns poemas manifestámonos hoxe, á porta do centro, durante dez minutos ás doce do mediodía. Agradecemos o labor da profesora Begoña Fontenla que nos mobilizou a tod@s para levar a cabo esta actividade que tenta visibilizar que non queremos ser os convidados de pedra dos que nos fala o seguinte vídeo.
Esta interesante curta foi realizada polo alumnado do IES Poeta Añón de Outes. O seu guión foi gañador do I CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2014, organizado pola Deputación da Coruña que foi quen produciu esta obra.
Hoxe, 13 de novembro, celébrase o Día das librerías, de aí que sexa o máis indicado para que nos pasemos por unha delas todos os lectores que nos consideremos como tales, converténdoo nun Venres nas librerías.
Celebramos o Día do Libro 2015 coa nosa xuntanza dos xoves, esta vez teatreando co grupo de 3º de ESO. A nosa escolla, un clásico, O enfermo imaxinario de Molière
Cun día de retraso para celebrar o DÍA DA POESÍA, aí vos van, un acio dos novos da nosa poesía galega. A ver como nos maduran estas uvas: Xiana Arias, Samuel Solleiro, Gonzalo Hermo, Antía Otero, Daniel Salgado, Oriana Méndez, O Leo, Olalla Cociña, Mario Regueiro, Dores Tembrás, Samuel L. Paris, Elvira Riveiro, Roi Vidal, Berta Dávila