Os dous grupos do club de lectura de 2º de ESO recibiron a visita sorpresa de Santiago Lopo o pasado día 22 de febreiro. Ese día Santiago achegouse ó centro para falar co alumnado de 2º e 1º de bacharelato e 1º de ESO sobre varios dos seus libros, pero os nosos clubeiros non perderon a oportunidade de coñecelo, posto que son lectores da súa novela Game over.
Amosando publicacións coa etiqueta visitas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitas b>. Amosar todas as publicacións
luns, 5 de marzo de 2018
domingo, 29 de novembro de 2015
O noso Club e Neira Vilas
Xosé Neira Vilas recibiu o noso club de lectura na súa Fundación no ano 2011. Hai que gabar que este escritor sempre tiña a porta aberta a todo aquel que quixese achegarse á súa obra e ó entorno no que viviu os seus primeiros e últimos anos. Ese bonito Gres do que tanto desfrutamos aquel día en Vila de Cruces.Foi unha oportunidade única para departir con el sobre a súa vida e a súa obra. En concreto, Memorias dun neno labrego, coas que lle lembrou ó noso alumnado as condicións da infancia de antano, o pouco acceso á educación que se tiña naquela época e o feito de que para poder ir á escola tiña que andar varios quilómetros a pé por camiños intransitables.
Tamén lles serviu de guía para amosarlles moitas das pezas de carácter etnográfico que gardaba na súa Fundación, así como a súa voluminosa biblioteca.
A profunda humildade deste autor achegou ós rapaces a unha obra e un xeito de ver o mundo, recoñecible xa só por algúns, pero que para outros, como a mediadora deste club de lectura supuña un reto, posto que non quería afondar nun prexuízo que o alumnado xa trae no seu ADN sobre a lingua galega, lingua da aldea e de pobres, que Balbino puidera representar nun momento dado; non deixando ver que tras ese Balbino están todos e cada un dos falantes que conservamos a semente orixinaria do noso pobo.
Non obstante, leveime nese momento a grata sorpresa de que os daquela nenos do club, hoxe xa universitarios a maior parte, recoñecéronse nunha obra que servía de cordón umbilical con algo que xa leran os seus pais.
Damos así o noso particular ata sempre a un autor imprenscindible para entender a nosa literatura e a nosa historia como pobo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
