Presentes: Autoras de tebeo de ayer y hoy from Autoras de Cómic on Vimeo.
Amosando publicacións coa etiqueta cómic b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cómic b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 8 de marzo de 2017
mércores, 15 de febreiro de 2017
Lecturas dos nos@s clubeir@s no 2º trimestre
Nos nosos grupos de lectura estamos a ler:
- Unha primavera para Aldara en 1º BACH A
- Un monstro vén a verme en 3º ESO A
- Enderezo descoñecido en 1º BACH B-C-D
- Astérix e Obélix en 3º ESO B
- O lapis do carpinteiro en 2º BACH C
- Todo é silencio en 2º BACH A-B
- Escarlatina, a cociñeira defunta en 1º ESO
- O neno do pixama con raias en 2º ESO
martes, 15 de marzo de 2016
domingo, 13 de marzo de 2016
luns, 23 de novembro de 2015
Xuntanza para tratar os cómics de "Astérix"
Nos recreos dos venres estamos a reunirnos para tratar as nosas lecturas sobre a banda deseñada de Astérix no grupo do club de 4º de ESO. A maioría dos integrantes do grupo procedente dos grupos de anos anteriores bota en falta máis tempo para achegarnos á estas lecturas e relatar con máis vagar cadansúa aventura dos galos máis famosos do mundo do cómic, pero tentaremos superar esta eiva e seguir adiante superando todos os atrancos que nos poñan.

xoves, 19 de novembro de 2015
Astérix en galego no noso grupo de 4º de ESO

O noso grupo de 4º de ESO está a ler as distinas aventuras de Astérix en galego. Este é un dos poucos cómics de éxito internacional que posúe unha ampla tradución en galego, con máis de 20 álbums traducidos desde 1976, ano no que se publicaron os primeiros títulos na nosa lingua dos cales foi tradutor Eduardo Blanco Amor.
Albert Uderzo e o xa falecido René Goscinny son os autores desta exitosa serie de aventuras. Unha vez morto o segundo no ano 1977, o primeiro continúa en solitario até 2007. A partir desta data pasarán a ser Jean-Yves Ferri e Didier Conrad os seus autores.
A día de hoxe contamos 36 volumes que relatan as súas andanzas, desde a primeira, Astérix. O galo até a última publicada este mes, Astérix. O papiro do César.
Máis ligazóns interesantes:
ASTÉRIX. O PAPIRO DO CÉSAR, DE FERRI E CONRAD: O AGRADECIDO RETORNO DOS NOSOS GALOS PREFERIDOS
O PAPIRO DO CÉSAR E O CONTROL DA INFORMACIÓN.
POR TUTATIS! O NOVO ASTÉRIX EN GALEGO.
mércores, 15 de abril de 2015
Carlos Branco e Luís Davila en "Menú do día"
O "Menú do día", espectáculo conxunto de palabra e tira cómica, da man do debuxante Luís Davila e do actor Carlos Branco.
luns, 15 de decembro de 2014
Grupos de lectura de francés
Este ano continuamos co club de lectura de banda deseñada en francés, a novidade é que temos un novo grupo. Uns clubeiros en 1º de bacharelato e outros en 2º de bacharelato.
luns, 17 de novembro de 2014
Xuntanza de novembro dos grupos de bacharelato
E nestoutra foto tedes o segundo grupo que tamén contou con outra deliciosa torta coa que nos chupamos os dedos.
As lecturas foron moi variadas e os comentarios moi diversos. No cómic en galego pararonse moito a comentar a tortuosa temática d' Un home feliz de Antonio Seijas, as dificultosas relacións persoais do antiheroe de Onde ninguén pode chegar de David Rubín, a necesidade de deixar contada a historia no relato de ciencia ficción de Mensaxes de Mariano Casas e a surrealista historia que nos conta Jacobo Fernández Serrano n' As aventuras de cacauequi.
Nas bandas deseñadas que levaron a escoller por eles triunfou coma sempre Mafalda e Asterix. Pero tamén houbo momentos para falar doutras obras, como: Vals con Bashir de Ari Folman y David Polonsky; El juego de las golondrinas, Me acuerdo de Zeina Abirached ; Engurras de Paco Roca; Breve Encuentro de Jacobo Fernández Serrano; Uxío Novoneyra: A voz herdada de Kike Benlloch e David Rubín; Vida de nai de Ramón Marcos e Gemma Sesar; María y yo de Miguel Gallardo; Trazo de xiz de Miguelanxo Prado e Maus de Art Spiegelman.
O salientable desta xuntanza foi que serviu para achegar os nosos alumnos á banda deseñada actual, ós nosos autores galegos e a outros moitos creadores do panorama internacional.
luns, 3 de novembro de 2014
Xuntanza inicial do grupo do club de 2º de bacharelato

Este ano comezamos no noso grupo de 2º de bacharelato con banda deseñada. Buscamos nos fondos da nosa biblioteca todos aqueles títulos que temos en galego e tamén contamos con varios exemplares do mesmo título grazas ó agasallo do CPI Castro Baxoi de Miño. Os seus títulos son: "Un home feliz", "Mensaxes", "Aventuras de cacauequi" e "Onde ninguén pode chegar" de Antonio Seijas, Mariano Casas, Jacobo Fernández Serrano e David Rubín respectivamente. Todos eles foron Premio Castelao de Banda Deseñada.


Outra das novidades deste ano é que desdobramos este grupo do club, debido ó alto número de participantes, que pasan de vinte e cinco. Así, á primeira hora virá unha metade e á segunda a outra para que que a participación poida ser a axeitada.
mércores, 29 de outubro de 2014
Sés e Miguelanxo Prado
Rapaces, se non coñecedes a Sés, este terremoto musical feminino galego, tedes que pórvos ó día rapidamente, non sabedes o que vos estades a perder. Neste vídeo tedes un tándem perfecto da súa música, "Milonga de aquí", cos debuxos do grande artista galego, Miguelanxo Prado. Non deixedes de escoitar e ver as súas obras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





