Amosando publicacións coa etiqueta Davide Salvado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Davide Salvado. Amosar todas as publicacións

luns, 31 de agosto de 2015

Davide Salvado "Meu cabalo"



Davide Salvado é unha voz engaiolante na nosa música tradicional galega de hoxe. A súa formación foi autodidacta percorrendo as aldeas na procura de coplas e ritmos. Iniciouse xunto a Ugía Pedreira e o grupo Ecléctica Ensemble e tamén traballou co gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Colaborou con Cristina Pato en "Rústica"  

Os seus traballos en solitario son "Árnica pura","O ladrón de amorodos" e vén de presentar este verán o seu novo disco "Lobos".