Amosando publicacións coa etiqueta narrativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta narrativa. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de marzo de 2016

Charla de Manuel Lourenzo González sobre "Mundo Arb"

O pasado 17 de marzo o escritor Manuel Lourenzo González achegouse ó noso centro para charlar co alumnado de bacharelato sobre o seu libro "Flor de area", que foi lectura obrigatoria .

Aproveitamos a súa visita para facela cadrar coa lectura doutro libro seu, "Mundo Arb", que  estiveron a ler  este trimestre os clubeiros do noso grupo  de 2º de ESO. 

                                                                          "Mundo Arb" serviu de pretexto para introducirnos nunha viaxe cos seus pequenos protagonistas no que vivimos abraiantes aventuras, que nos fixeron percorrer a súa xeografía arbórea até chegar a facer un descubrimento moi especial sobre o seu mundo. 




xoves, 28 de xaneiro de 2016

Primeira xuntanza coa lectura de "Mundo Arb"


Hoxe tivemos a primeira xuntanza da lectura de Mundo Arb de Manuel Lourenzo González, estivemos a analizar a presentación que se nos fai dos personaxes, do tempo e do espazo no que se desenvolve a novela. 
Os nosos clubeiros comentaban que lles chamaba a atención a datación do ano 38.713 para uns feitos, que semellaban máis ben situados no pasado polo emprego que da tecnoloxía se relata, posto que se nos conta, que aínda non teñen billas nas súas casas, nin paradescensos (paracaídas), un invento que sería de moita utilidade a estes personaxes que viven nas árbores, nin outros moitos enxeños mecánicos  como o biciclo (bicicleta) que recoñecemos nas nosas sociedades actuais.

El robot cumple órdenes a control remoto operado por pacientes.A reflexión xirou ó redor da temática das novidades tecnolóxicas, a súa repercursión nas nosas vidas e até onde poderiamos chegar abríndolles a porta das nosas casas, o límite puxérono rápido ó comentar que nunca un robot sería o mesmo  cunha mascota, nin cunha persoa como coidadora doutra.

mércores, 25 de marzo de 2015

"Pecados de segunda man" de Sara Martínez

Hoxe unha das nosas integrantes do club de lectura de 2º bacharelato, Sara Martínez,  recolle o terceiro premio na categoría de poesía dos Premios Literarios Minerva 2015.

Outro dos nosos clubeiros, David Güimil,  deste grupo participou na categoría de narrativa cun relato, que aínda que non acadou ningún premio, tamén trascribiremos aquí proximamente. Estes textos amosan por si sós a calidade creativa do noso alumnado.














PECADOS DE SEGUNDA MAN de Sara Martínez García

PECADO I

Cen avemarías polo espertar morno na nosa cama.
Nosa, si
Cometo o egoísmo de facela cómplice.

O seu silencio, 
o nós diluído nas súa engurras,
os minutos agochados entre as súas serpes,
brancas pero impuras.
Sabas feitas de remorsos
que me atan a ti.

Toda a súa complicidade
págase con vinte pais nosos.
Ao contado, por favor.

Nos seus confins despréndome da careta.
Desato, unha a unha,
cada unha das mentiras
que levo cosidas á pel.
Retiro con coidado o "A"
que pegaches ó final do meu nome.
Arrinco o discreto vestido
que me vestiches de portas a fóra.

Perdo o que coñecen 
e recupérome das brétemas deste pudor.
Deste amor que me custeo a prazos.

Por adorar o teu corpo, 
reflexo do meu.
Por dicir "quérote" en masculino,
sirvo a miña alma nunha bandexa de prata.

Prezo a saber: mil rosarios polo ti e eu.

PECADO II

Clic.
Un sorriso máis amplo, por favor.
Clic.
Veña neno, mostra o feliz que es.
Clic.

Non recordo cando vin por primeira vez 
a mentira enmarcada en plástico barato.
E digo vin do verbo recoñecer,
primeira persoa do pretérito da miña vida.

Poida que acontecera na escuridade
dun boas noites a un bos días.
De pronto o meu corpo tiña peitos e cadeiras
que se agochaban ao meu paso polo espello.

A gravata apertaba,
o calzón sobraba,
o azul e os camións incordiaban,
as bágoas emerxían,
os volcáns do meu peito estoupaban
en magma candente de pensamentos.

Metamorfose ou verdade.
Cambio ou realidade.
Ela, eu
Eu son ela.

Sorriso sen sombras.
Clic.

PECADO III

Maura sempre era a primeira en chegar.
No seu afán de celeridade e primicia,
foi a primeira en chegar a min.

Maura era uns beizos de delirio.
Pegañentos e densos,
deixaban o seu rastro coma un camiño de deseño.
Penduradas del quedaban todas as súas verbas.
Cada unha das promesas que nunca cumpriría.

Ela adornaba as nosas horas con versos de Lord Byron,
as lapas ardían na nosa pel ao ritmo de Sinatra.
A eternidade nuns minutos calculados,
a coreografía natural coa que ela me enganaba.

Maura non era fría.
Maura non era indiferente.
Sacerdotisa da súa propia Igrexa
de adeptos a ela e desencantados da vida.

Jane Austen como fiel tesoureira, 
recollendo con discreción os pagos.
Entre liña e liña,
entre orgullo e prexuízo.

Nuncan esquecerei aquela novela.
Ela, coma min, sempre ó seu carón.
Sempre en eterna espera.

Maura sempre era a primeira en irse.



martes, 27 de xaneiro de 2015

"Memorias dun neno galego" no noso club.




Xosé Neira Vilas recibiu o noso club de lectura na súa Fundación no ano 2011


Foi unha oportunidade para departir con el sobre a súa vida e a súa obra. En concreto, Memorias dun neno labrego, fixo que lle lembrase ó noso alumnado as condicións da infancia de antano, o pouco acceso á educación que se tiña naquela época e o feito de que para poder ir á escola tivese que andar varios quilómetros a pé por camiños intransitables.


Tamén lles serviu de guía para amosarlles moitas das pezas de carácter etnográfico que garda na súa Fundación, así como a súa voluminosa biblioteca.


Aproveitamos esta xornada para coñecer de preto a comarca onde se sitúa a Fundación. Primeiro visitamos o Pazo de Oca. Despois percorremos a rota para chegar á fervenza do Toxa e á praia fluvial da Carixa, en Merza. Por último, achegámonos á nosa cita co escritor en Gres e visitamos as illas que se atopan no río e a súa ponte romana.


O alumnado do Club de lectura e de diversificación participou nesta gravación de vídeo que homenaxea o libro de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego con motivo da celebración dos cincuenta anos da súa publicación

Durante a actividade recitaron anacos literais deste libro e relataron as distintas aventuras que lle acontecen a Balbino.

luns, 26 de xaneiro de 2015

Socorrito, unha personaxe d' "A esmorga" e da realidade


Nesta ligazón do blog Diario de un médico de guardia aparece unha pequena noticia sobre a posibilidade de que Socorrito, esa entrañable personaxe d' A esmorga, que representa á pobre infeliz na que se ceban os peores instintos do malfadado Milhomes, fose unha personaxe inspirada claramente nunha persoa real, que viviu no Ourense da época.

Ilustramos esta nova coa foto desta personaxe interpretada pola actriz Sabela Arán, nesta última versión cinematográfica da novela de Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar, e cun pequeno documental sobre a rodaxe desta película.

 

luns, 29 de setembro de 2014

OBRADOIRO CON RAMÓN CARIDE






O 22 de xaneiro de 2010 visitounos o escritor Ramón Caride para desenvolver un obradoiro de narrativa co alumnado de 3º A.

Visita de Manuel Lourenzo Glez en abril de 2010





Este mes tivemos a última xuntanza para tratar o libro: Unha pantasma no colexio.

Para pechar esta lectura contamos coa presenza do seu autor: Manuel Lourenzo González.

Con el conversamos sobre pantasmas, medo, misterio e sobre como se escribe unha historia na que o protagonista se move entre un mundo real ou pantasmagórico.




Posted by Picasa

Lectura de "Bala perdida"




Na cidade costeira de Atlán, Rosa, unha espelida xornalista, dirixe un pequeno periódico. Pero todo cambia para ela cando o pirata Bala Perdida a embarca nunha perigosa aventura.

Esta pequena reseña foi a empregada para achegarnos á lectura de "Bala perdida" de Manuel Rivas no derradeiro trimestre de 2010.