Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións

luns, 31 de agosto de 2015

Davide Salvado "Meu cabalo"



Davide Salvado é unha voz engaiolante na nosa música tradicional galega de hoxe. A súa formación foi autodidacta percorrendo as aldeas na procura de coplas e ritmos. Iniciouse xunto a Ugía Pedreira e o grupo Ecléctica Ensemble e tamén traballou co gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Colaborou con Cristina Pato en "Rústica"  

Os seus traballos en solitario son "Árnica pura","O ladrón de amorodos" e vén de presentar este verán o seu novo disco "Lobos".

 

luns, 15 de xuño de 2015

Clubeiras premiadas no concurso de adhesivos.



As nosas alumnas do club de lectura de 2º de bacharelato leváronse o primeiro e o segundo premio, na súa categoría, no XXI CERTAME GRÁFICO POLA NORMALIZACIÓN  que organiza a Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés.


LUCÍA PÉREZ obtivo o primeiro premio, na categoría de bacharelato, co seu "Ghaiteiro" e ANA OTERO acadou o segundo premio, na mesma categoría, coa súa "Ghoma"