O grupo de clubeir@s de 1º de bacharelato B-C-D rematou a lectura da novela epistolar "Enderezo descoñecido" da escritora Kressmann Taylor, que nos achegou unha trama na que o nacemento do movemento fascita da Alemaña nazi destrúe a amizade entre os dous protagonistas da historia, un xudeu e un alemán que comparten un negocio de arte e se cartean durante esta época até que as cartas do primeiro empezan a vir de volta por amosar un ENDEREZO DESCOÑECIDO
Amosando publicacións coa etiqueta lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 4 de marzo de 2017
"Enderezo descoñecido" nun dos grupos de 1º BACH.
O grupo de clubeir@s de 1º de bacharelato B-C-D rematou a lectura da novela epistolar "Enderezo descoñecido" da escritora Kressmann Taylor, que nos achegou unha trama na que o nacemento do movemento fascita da Alemaña nazi destrúe a amizade entre os dous protagonistas da historia, un xudeu e un alemán que comparten un negocio de arte e se cartean durante esta época até que as cartas do primeiro empezan a vir de volta por amosar un ENDEREZO DESCOÑECIDOmartes, 3 de xaneiro de 2017
Listaxes dos mellores libros do 2016

Acaba un ano e empeza outro. Facemos balance de lecturas con listaxes máis ou menos atinadas. Aquí nos quedan unhas cantas:
venres, 4 de novembro de 2016
"O señor Ibrahim e as flores do Corán" en 2º de BACH.
![]() |
| GRUPO DE 2º DE BACH A-B |
"Aos once anos, rompín o meu porquiño e fun visitar
as putas.
O meu porco era un peto de porcelana vernizada,
color de vómito, cunha fenda que lle permitía á moeda
entrar, pero non saír. Aquel peto de dirección única
escollérao meu pai, porque correspondía á súa concepción
da vida: o diñeiro é para gardalo, non para gastalo.
Había douscentos francos nas entrañas do porco.
Catro meses de traballo."
Este comezo de novela non pasou desapercibido nos seus comentarios, achegarse a este neno protagonista e as súas carencias afectivas foi moi doado para a maioría dos clubeir@s.
luns, 10 de outubro de 2016
A lectura, unha chave do futuro

Guía "A Lectura, unha chave de futuro" editada pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de educación. Xunta de Galicia Ronsel de Ideas.
venres, 1 de xullo de 2016
Os douscentos mellores libros da literatura universal?

Agora que comeza o verán non vos podedes desconectar da lectura, por iso vos deixamos unha listaxe bastante ampla, esta en concreto inclúe os douscentos mellores libros da literatura universal.
Sempre serán discutibles este tipo de listaxes, pero tamén poden ser unha indiscutible guía para continuar a crecermos como lectores.
Bo verán, clubeiros!
domingo, 19 de xuño de 2016
Os máis novos lendo con Gervasio
Grazas a un profesor xubilado do noso centro os máis pequenos desfrutaron con el da lectura.

E este é o pequeno agasallo que lle fixeron.
E este é o pequeno agasallo que lle fixeron.
xoves, 31 de marzo de 2016
Valoración de Antonio Casal sobre "Unha primavera para Aldara"
Ler unha obra de
teatro sempre ten unha serie de inconvenientes coma a perda da
expresividade ou a desaparición da atmosfera máxica que causa a
autora con diferentes elementos coma a vestimenta, as luces ou os
decorados. Debido á falta de tempo no “Club de lectura” non
puidemos realizar a lectura colectiva da obra, que aínda que non é
tan proveitosa coma a representación, constitúe unha axuda
considerable.
Centrándome máis
na miña opinión persoal comezarei resaltando que o inicio da obra
non ten nada que ver co que sucede posteriormente: un convento de
monxas cunha relixiosidade peculiar (cunha temática a miúdo
relacionada co machismo e a degradación da muller) e moitas
faladurías circulando por un pequeno pobo, típico argumento dunha
novela galega non si? Non obstante, co paso das escenas o libro vai
adquirindo forma e amosa a visión feminista que quere dar a autora,
encuberta moitas veces mediante a sátira. Podemos obviar o que
sucede nun convento normal, pero non neste, aquí mestúranse todo
tipo de amores ilícitos, represión sexual e ideas creativas que a
escritora utiliza para tentar desviar a obra cara un novo terreo e
sorprender o lector (Exemplos significativos son “o cambio de sexo
de Nuno” ou o emprego de drogas por parte das discípulas de Deus).
Non penso que “Unha
primavera para Aldara” sexa unha obra nefasta, ao contrario, é
innovadora e aínda que se centra nun lugar clásico trata temas
frescos coma o feminismo ou o lesbianismo, deixando atrás o
ruralismo propio da literatura galega. Arríscome a dicir que é unha
das pezas máis atrevidas na nosa literatura tanto polas dúas razóns
anteriores coma pola mestura de algo tan puritano coma a relixión
con algo que eles consideran un pecado.
Agora si, a obra en
si non me pareceu amena, moitas pasaxes fixéronseme aburridas e
parecía que sobraban. Con respecto aos cambios de rumbo presentes na
peza teatral opino que moitos deles simplemente se deron para
reforzar as ideas da escritora e non cunha función lúdica. Un gran
erro foi que en lugar de ensinarnos o que é o feminismo ofrece unha
visión adaptada do que ela pensa sobre esta tema que pode variar
dependendo da persoa. Na miña opinión, onde máis se aprecia a
verdadeira esencia deste movemento é no final do libro, onde todas
as mulleres se unen para lograr un único obxectivo, manter o
convento. Como obxección negativa resaltaría o final xenérico que
se presenta, un final “medio feliz” onde todos os puntos están
atados e que non nos fai reflexionar sobre o tema principal da obra
citado anteriormente, o feminismo así coma a liberdade sexual da
muller. Pensemos nun final optativo... ¿se intercambiaramos o sexo
dos personaxes e fora un home o que tivese un fillo ilexítimo
acontecería toda esta historia? Aí é onde quero eu chegar señora
Teresa Moure.
1º de bacharelato C
luns, 14 de decembro de 2015
BO NADAL desde o grupo do Club de Lectura de 2º de ESO
Desde o grupo do Club de Lectura de 2º de ESO desexámosvos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANINOVO, esperando que, cando menos, ese vindeiro 2016 nos traia unha boa morea de lecturas que compartir.
Eles andan a desfrutar lendo As mil e unha noites e queren compartir con vós o seu gusto pola lectura e polos momentos conxuntos que pasamos a falar deses libros e historias que nos engaiolan, porque dalgunha maneira nos están ensinando a descifrar este mundo tan convulso que nos rodea.
mércores, 28 de outubro de 2015
Cheiros, olores arrecendos, olores, fragrancias e perfumes das lecturas
Xa están entregados os libros dixitais ós nosos clubeiros de 1º de bacharaleto cos seus peculiares arrecendos para inspirar as nosas lecturas.
xoves, 25 de xuño de 2015
Bo verán!
luns, 30 de marzo de 2015
"Escarlatina, a cociñeira defunta"
O grupo de lectura de 1º de ESO estivo a ler o último libro de Ledicia Costas," Escarlatina, a cociñeira defunta", que foi Premio Merlín 2014.
Os clubeiros saborearon esta lectura que engade todos os ingredientes dalgunhas películas de Tim Burton, como A noiva cadáver, para trasladarnos a un ultramundo, que tamén contén as influencias máis divertidas do Castelao d'Un ollo de vidro.
Así mesmo, aproveitamos a sesión para preparar unha letra para o concurso de parodias de cancións, que se está organizando no instituto, en breve deixarémosvos aquí a súa composición, que parodia a canción de Julio Iglesias, "Un canto a Galicia", e que leva por título: "Un berro a Galicia".
martes, 17 de marzo de 2015
"O señor Ibrahim e as flores do Corán"
O grupo do club de lectura de 3º de ESO estivo a ler durante o mes de febreiro "O señor Ibrahim e as flores do Corán". A relación entre o rapaz xudeu e o tendeiro musulmán levounos a tratar todas as cousas que temos en común máis alá das diferenzas relixiosas ou culturais que nos poidan afastar.
luns, 2 de febreiro de 2015
luns, 15 de decembro de 2014
Grupos de lectura de francés
Este ano continuamos co club de lectura de banda deseñada en francés, a novidade é que temos un novo grupo. Uns clubeiros en 1º de bacharelato e outros en 2º de bacharelato.
luns, 29 de setembro de 2014
Promocionando a lectura
A promoción da lectura pode converterse simplemente nunha xenialidade. Este é un claro exemplo disto.
Lectura de "Bala perdida"

Na cidade costeira de Atlán, Rosa, unha espelida xornalista, dirixe un pequeno periódico. Pero todo cambia para ela cando o pirata Bala Perdida a embarca nunha perigosa aventura.
Esta pequena reseña foi a empregada para achegarnos á lectura de "Bala perdida" de Manuel Rivas no derradeiro trimestre de 2010.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






