martes, 25 de outubro de 2016

"Exogamia 0.3"



Resultado de imaxes para EXOGAMIA O.3O grupo do  club de lectura de 1º de BACH B-C-D anda a ler "Exogamia 0.3" de Ramón Caride. Esta é a foto da primeira xuntanza na que comentamos o primeiro relato:  "Reciclado". 


Nel atopámonos con cinco microrrelatos protagonizados por distintos personaxes adolescentes: Tharcisse, Thomas Lugari, Theng-Si , Tino e Tarim. Viven en puntos moi distanciados do planeta: Kivu Norte (República Democrática do Congo), Kigali (Ruanda), Giuyu (República Popular Chinesa), Louzós (Ourense) e Acra (Gana) respectivamente. E comparten unha arela común: unha vídeo-consola, agás o protagonista do derradeiro microrrelato. Na descrición das súa vidas atopámonos coas diferenzas que hai entre o primeiro,  que traballa nunha mina na extracción do coltán; o segundo, que vive nas dependencias da empresa chinesa que exporta o devandito mineral da que é traballador o seu pai; o terceiro, que se gaña a vida montando móbiles e o cuarto, que ten unha vida máis acomodada, que lle permite que lle merquen o último modelo de vídeo-consola, aínda que non aprobe todas as materias de 4º de ESO. Para acabar co quinto personaxe, que vive e traballa nun vertedoiro de material electrónico e non pode desexar a vídeo-consola porque nunca chegou a ver unha enteira.


Ningún comentario:

Publicar un comentario