Despois de colleitar o primeiro éxito deste curso co éxito da nosa clubeira de 2º de ESO, Lucía Afonso, que gañou na súa categoría o XII Concurso de Poesía, ANOMAR, do que publicaremos en breve foto da entrega do premio e o poema premiado, continuamos coa nosa traxectoria de concursos deste curso.
Amosando publicacións coa etiqueta concurso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concurso b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 10 de xaneiro de 2016
mércores, 25 de novembro de 2015
25 N no IES DE VILALONGA


A comunidade educativa do IES de Vilalonga tamén quixo achegar o seu grao de area en repulsa da lacra social da violencia machista que se reflicte nas seguintes cifras a día de hoxe: 48-8 (6).
48 mulleres mortas, oito dos seus fillos e seis delas galegas.
Con estes sinxelos lemas e a lectura duns poemas manifestámonos hoxe, á porta do centro, durante dez minutos ás doce do mediodía. Agradecemos o labor da profesora Begoña Fontenla que nos mobilizou a tod@s para levar a cabo esta actividade que tenta visibilizar que non queremos ser os convidados de pedra dos que nos fala o seguinte vídeo.
Convidados de Pedra. (V.O. Galego) from Convidados de pedra on Vimeo.
Esta interesante curta foi realizada polo alumnado do IES Poeta Añón de Outes. O seu guión foi gañador do I CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2014, organizado pola Deputación da Coruña que foi quen produciu esta obra.
luns, 15 de xuño de 2015
Clubeiras premiadas no concurso de adhesivos.

As nosas alumnas do club de lectura de 2º de bacharelato leváronse o primeiro e o segundo premio, na súa categoría, no XXI CERTAME GRÁFICO POLA NORMALIZACIÓN que organiza a Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés.
LUCÍA PÉREZ obtivo o primeiro premio, na categoría de bacharelato, co seu "Ghaiteiro" e ANA OTERO acadou o segundo premio, na mesma categoría, coa súa "Ghoma"

mércores, 29 de abril de 2015
Parodia: "Un berro a Galicia, hei"
UN BERRO A GALICIA (PARODIA DE "UN CANTO A GALICIA" DE JULIO IGLESIAS"
Eu non te quero tanto,
demo dos números vaite marchando.
Paso de estar estudando,
prefiro quedar fóra xogando.
Un berro a Galica, hei,
un berro contra escola.
Un berro a Galicia, hei,
estudar non me mola.
Teño morriña de durmire,
na cadeira do cole non quero estare.
Eu non me quero levantare,
ata o sono acabare.
O alumnado do club de lectura de 1º ESO presentouse ó Concurso de Parodias Musicais, que organiza o Departamento de lingua e literatura castelá dentro do proxecto Poesía dixital, con esta letra que parodia a canción de Julio Iglesias.
Os seus integrantes: Lucía Abalo, Alejandro Amado, Eva Basdediós, María Camiña, Nicolás Otero e Nuria Puente son os autores en conxunto desta parodia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


