luns, 4 de xuño de 2018

Reivindicando a María Victoria Moreno



Un dos grupos do club de lectura de 2º de ESO estivo a ler  Anágnorise de María Victoria Moreno, de feito levamos esta lectura xunto con outras citas da autora á aula para celebrarmos o Día das Letras Galegas. 

Algún deste clubeiros son fillos de alumnos de María Victoria e contan anécdotas da nosa autora a través dos oídos dos seus pais.







"22 segundos" de Eva Mejuto




22 segundos-eva mejuto-9788491212393Co grupo de 2º de ESO estivemos a ler 22 segundos de Eva Mejuto, foi toda unha experiencia moi positiva por tratar o tema da identidade de xénero.

Nas xuntanzas parolamos sobre como este tipo de rapaces e rapazas antes tiñan serios problemas para seren aceptados socialmente e como, aínda pode acontecer isto noutros países ou incluso aquí.

Tamén houbo momentos para relacionar a temática do libro con novas da actualidade como a noticia na que unha nai pediu axuda polas redes sociais para completar un álbum de cromos de fútbol feminino para que as súas fillas tiversen os referentes afins ó seu xénero.





luns, 5 de marzo de 2018

Visita sorpresa de SANTIAGO LOPO


Os dous grupos do club de lectura de 2º de ESO recibiron a visita sorpresa de Santiago Lopo o pasado día 22 de febreiro. Ese día Santiago achegouse ó centro para falar co alumnado de 2º e 1º de bacharelato e  1º de ESO sobre varios dos seus libros, pero os nosos clubeiros non perderon a oportunidade de coñecelo, posto que son lectores da súa novela Game over.

xoves, 22 de febreiro de 2018

Estamos a ler "Principiño"

Nun dos grupos de 2º de ESO estamos a ler "O principiño" de A. de Saint Exupéry, ese libro que semella ser tan infantil e á vez é tan metaforicamente útil para a nosa vida porque nos achega unha serie de ensinanzas moi prácticas para o día a día, de aí que podemos achegar dez delas:



principito-fly /enseñanzas1.- "O esencial é invisible para os  ollos"
2.- "Valorar a simplicidade das cousas."
3.-" Un sempre é responsable do que domestica"
4.- "Coñécete a ti mesmo para saber ata onde podes chegar"
5.- "Valora o amor dos demais como a túa vida mesma" 
6.- “Amor non é mirarse o un ó outro, senón mirar os dous na mesma dirección." 
7.-" O diñeiro cégate da beleza." 
8.- "Non valores á xente polo que ten, senón polo que é." 
9.- "O máis brillante da vida non se compra con diñeiro."
10.-"Todas as nosas accións teñen consecuencias."

luns, 6 de novembro de 2017

Grupos do club de 2º de ESO



Xa están en marcha os grupos do club de 2º de ESO, ambos os clubs van ler obras asinadas a dúas mans por Pere Tobaruela e Ledicia Costas (PERELEDI). Trátase de Mortos de Ningures e Ouro Negro.


xoves, 22 de xuño de 2017

As nosas fotos nas X Xornadas dos Clubs de Lectura

Despedimos o curso lector coas nosas fotos nas X Xornadas dos Clubs de Lectura desenvolvidas  en Santiago o día 17 de xuño.

Autógrafo de Ledicia Costas

Non só nos mergullamos nas distintas actividades, senón que tamén houbo tempo para facer migas cos clubeiros do IES de Poio cos que esperamos contactar á volta do verán.

luns, 19 de xuño de 2017

17 de xuño, X XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA



 Este pasado sábado, 17 de maio, unha representación de clubeir@s do  noso club de lectura que se chama A PRAIA DAS PALABRAS chegou disposto a SOMERXERSE!!! nas moreas de actividades e obradoiros que lles tiñan preparado desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Comezamos a mañá entregándolle o Premio dos Clubs de Lectura 2017 a Miguelanxo Prado. 

Continuamos co relatorio inaugural a cargo de Óscar López do Programa Página Dos, que rodeado de rapazada de distintos clubs de lectura explicounos coa axuda do cámara como facer reportaxes en vídeo sobre libros. Para iso contou tamén coa axuda da booktubeira, Violeta Moon e da escritora Ledicia Costas, á quen unha das clubeiras lle fixo unha minientrevista en directo. 

A seguir, @s nos@s clubeir@s asistiron ós respectivos obradoiros e charlas: obradoiro de cómic con Xosé Tomás e encontros con autores de "Literatura de viaxes" con Andrea Maceiras, Rosa Aneiros moderado por Montse Pena Presas; mesa de autores/autoras sobre as "Claves literarias para tres voces de éxito" con Antón Riveiro Coello, Ledicia Costas, Pedro Feijóo moderada por Ramón Nicolás; encontro con Marcos Calveiro e mesa de autores e autoras  novos "Botarse a escribir"con Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial e  Tamara Andrés  moderada por Francisco Castro.


Pola tarde contabamos coa presenza do escritor, César Mallorquí, que nos engaiolou co seu "Eloxio á mala literatura", explicándonos que o de ler é o vicio máis san que existe. 

Non faltou un momento para estar  eles, en primeira liña, a pedirlle un autógrafo.








O peche da Xornada correu a cargo do pandereteiro, Xabier Díaz, e as Adufeiras do Salitre e foi un final de festa en todo o sentido literal da palabra, xa que non faltaron cantos e bailes dos asistentes para animalo.



Podes atopar máis fotos e minivídeos desta actividade na seguinte ligazón: https://goo.gl/photos/e3ffbAT8aLsMgy6h7