Amosando publicacións coa etiqueta Vicent Van Gogh. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vicent Van Gogh. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de outubro de 2016

"O pintor do sombreiro de malvas", lectura do grupo de 3º de ESO

O grupo do club de lectura de 3º ESO A está a ler "O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro. Xa tivemos dúas xuntanzas que deron para comentar os seus personaxes e as peculiaridades que os rodean, como é o caso do noso innominado protagonista e o seu amigo, o pintor, Vicent Van Gogh, que son cos que máis empatizan. Non acontence o mesmo coa tía Jojo e o párroco de Auvers. Tamén nos paramos a  comentar a relación amorosa do rapaz con Adeline.



<

 Loving Vincent é a nova película ó óleo sobre Vincent Van Gogh, que tamén está baseada nas cartas escritas polo propio pintor ó igual que unha parte importante da novela que estamos a ler.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Xuntanza para comentar "O pintor do sombreiro de Malvas"


 

O pasado xoves, 22 de xaneiro, tivemos a nosa xuntanza final da lectura do libro O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro co grupo de 3º de ESO.

Nos  comentarios dos nosos clubeiros saíron varias veces as actitudes e ideas intransixentes de certos personaxes da novela, como as do señor cura, a tía do protagonista ou os rapaces do pobo, entre outros,  que representaban a sociedade abafante dese pobo rural francés chamado Auvers que acolleu a Vicent Van Gogh durante os últimos meses da súa vida.

Para afondar neste libro segue a ser interesante compartir esta pequena presentación realizada polo club de lectura do IES de Poio, hai xa uns anos.