Co grupo de 2º de ESO estivemos a ler 22 segundos de Eva Mejuto, foi toda unha experiencia moi positiva por tratar o tema da identidade de xénero.Nas xuntanzas parolamos sobre como este tipo de rapaces e rapazas antes tiñan serios problemas para seren aceptados socialmente e como, aínda pode acontecer isto noutros países ou incluso aquí.
Tamén houbo momentos para relacionar a temática do libro con novas da actualidade como a noticia na que unha nai pediu axuda polas redes sociais para completar un álbum de cromos de fútbol feminino para que as súas fillas tiversen os referentes afins ó seu xénero.


Ningún comentario:
Publicar un comentario