Xuízo crítico de Antonio Casal (1º Bacharelato C)
Tres segundos de memoria narra a vida dun mozo duns trinta anos aproximadamente que se encontra estancado laboral e sentimentalmente. A novela mostra unha progresión realista ao longo dos capítulos que conforma o atractivo da obra e amosa a precaria situación político-social de España que concorda coa actual aínda que a obra se escribise no 2006 (ano en que gañou o Premio Xerais de Novela).
Diego Ameixeiras |
Polo respecta á miña experiencia coma lector, teño que recoñecer que non todo foi marabilloso e moitas veces tiven que deixar de ler a obra por seguir unha canle moi depresiva que provocaba fatiga pola súa monotonía, pero ao mesmo tempo rabia porque o protagonista non facía nada por cambiar a súa traxectoria. En relación ao protagonista non me identifiquei moito con el debido á diferenza de idade e isto provocou unha desconexión temperá. Ao mesmo tempo ningún personaxe secundario espertou atención sobre min basicamente pola vaga descrición que se fai sobre eles. Sobre o final teño unha opinión divida porque por unha parte pareceume moi ambiguo e por outra banda moi realista acorde co resto do libro.
En resumo, o libro pareceume atrevido e diferente ao resto das lecturas educativas que propón o noso centro, pero semelloume excesivamente depresivo e trata temas aos que a maioría dos adolescentes estudantes non están afeitos como o desemprego, a vida solitaria...
Ningún comentario:
Publicar un comentario