Os vellos non deben namorarse foi a nosa aposta literaria no club de 2º de bacharelato do pasado mes. O texto de Castelao segue tendo a forza de calquera obra intemporal e achega ós rapaces á linguaxe teatral con facilidade e sen necesidade de imposturas.
Tamén, aproveitamos a xuntanza para saborear os pasteis de belem ou nata, cos que nos agasallou unha das súas clubeiras, realizados pola súa nai, e que non tiñan nada que envexar ós portugueses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario