Praia das palabras
Bitácora do club de lectura do IES de Vilalonga
mércores, 16 de outubro de 2024
luns, 4 de xuño de 2018
Reivindicando a María Victoria Moreno
Un dos grupos do club de lectura de 2º de ESO estivo a ler Anágnorise de María Victoria Moreno, de feito levamos esta lectura xunto con outras citas da autora á aula para celebrarmos o Día das Letras Galegas.
Algún deste clubeiros son fillos de alumnos de María Victoria e contan anécdotas da nosa autora a través dos oídos dos seus pais.
"22 segundos" de Eva Mejuto
Nas xuntanzas parolamos sobre como este tipo de rapaces e rapazas antes tiñan serios problemas para seren aceptados socialmente e como, aínda pode acontecer isto noutros países ou incluso aquí.
Tamén houbo momentos para relacionar a temática do libro con novas da actualidade como a noticia na que unha nai pediu axuda polas redes sociais para completar un álbum de cromos de fútbol feminino para que as súas fillas tiversen os referentes afins ó seu xénero.
luns, 5 de marzo de 2018
Visita sorpresa de SANTIAGO LOPO
Os dous grupos do club de lectura de 2º de ESO recibiron a visita sorpresa de Santiago Lopo o pasado día 22 de febreiro. Ese día Santiago achegouse ó centro para falar co alumnado de 2º e 1º de bacharelato e 1º de ESO sobre varios dos seus libros, pero os nosos clubeiros non perderon a oportunidade de coñecelo, posto que son lectores da súa novela Game over.
xoves, 22 de febreiro de 2018
Estamos a ler "Principiño"
Nun dos grupos de 2º de ESO estamos a ler "O principiño" de A. de Saint Exupéry, ese libro que semella ser tan infantil e á vez é tan metaforicamente útil para a nosa vida porque nos achega unha serie de ensinanzas moi prácticas para o día a día, de aí que podemos achegar dez delas:
2.- "Valorar a simplicidade das cousas."
3.-" Un sempre é responsable do que domestica"
4.- "Coñécete a ti mesmo para saber ata onde podes chegar"
5.- "Valora o amor dos demais como a túa vida mesma"
6.- “Amor non é mirarse o un ó outro, senón mirar os dous na mesma dirección."
7.-" O diñeiro cégate da beleza."
8.- "Non valores á xente polo que ten, senón polo que é."
9.- "O máis brillante da vida non se compra con diñeiro."
10.-"Todas as nosas accións teñen consecuencias."
luns, 6 de novembro de 2017
Grupos do club de 2º de ESO
Xa están en marcha os grupos do club de 2º de ESO, ambos os clubs van ler obras asinadas a dúas mans por Pere Tobaruela e Ledicia Costas (PERELEDI). Trátase de Mortos de Ningures e Ouro Negro.
xoves, 22 de xuño de 2017
As nosas fotos nas X Xornadas dos Clubs de Lectura
Despedimos o curso lector coas nosas fotos nas X Xornadas dos Clubs de Lectura desenvolvidas en Santiago o día 17 de xuño.
Autógrafo de Ledicia Costas |
Non só nos mergullamos nas distintas actividades, senón que tamén houbo tempo para facer migas cos clubeiros do IES de Poio cos que esperamos contactar á volta do verán.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)