venres, 7 de novembro de 2014

Xuntanza inicial dos recén chegados: 1º de ESO

Aquí tedes a nova xeración que acaba de chegar ó noso club de 1º de ESO, aínda que non moi numerosos, por agora son só cinco os integrantes, o seu entusiasmo é tan desbordante que semellan o dobre. Todos eles traen moitísimas ganas de ler e compartir experiencias lectoras.


Na noso test inicial manifestaron que se achegaron ó club polo boca a boca doutros alumnos, ou por teren imáns nos outros clubs que os puxeron ó tanto. Nos seus gustos destacan autores tan diversos, como Laura Gallego, Tea e Gerónimo Stilton e Ramón Caride.

Son un grupo homoxéneo de rapaces con certo nivel lector, de aí que será un reto encaixarlles ben as lecturas.

Despois de debater con eles que tipo de libros tiñan xa lidos e que lectura lles apetecía ler. Decidimos que comezariamos polo libro de Elvira Lindo: Manolito ten un segredo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario