luns, 3 de novembro de 2014

Xuntanza inicial do grupo do club de 2º de bacharelato




Este ano comezamos no noso grupo de 2º de bacharelato con banda deseñada. Buscamos nos fondos da nosa biblioteca todos aqueles títulos que temos en galego e tamén contamos con varios exemplares do mesmo título  grazas ó agasallo do CPI Castro Baxoi de Miño. Os seus títulos son: "Un home feliz", "Mensaxes", "Aventuras de cacauequi" e "Onde ninguén pode chegar" de Antonio Seijas, Mariano Casas, Jacobo Fernández Serrano e David Rubín respectivamente. Todos eles foron Premio Castelao de Banda   Deseñada.
Outra das novidades deste ano é que desdobramos este grupo do club, debido ó alto número de participantes, que pasan de vinte e cinco. Así, á primeira hora virá unha metade e á segunda a outra para que que a participación poida ser a axeitada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario