luns, 30 de marzo de 2015

"Escarlatina, a cociñeira defunta"

O grupo de lectura de 1º de ESO estivo a ler o último libro de Ledicia Costas," Escarlatina, a cociñeira defunta", que foi Premio Merlín 2014.

Os clubeiros saborearon esta lectura que engade todos os ingredientes dalgunhas películas  de Tim Burton,  como A noiva cadáver, para trasladarnos a un ultramundo, que tamén contén as influencias máis divertidas do Castelao d'Un ollo de vidro



Así mesmo, aproveitamos a sesión para preparar unha letra para  o concurso de parodias de cancións, que se está organizando no instituto, en breve deixarémosvos aquí a súa composición, que parodia a canción de Julio Iglesias, "Un canto a Galicia", e que leva por título: "Un berro a Galicia".


Ningún comentario:

Publicar un comentario