venres, 4 de novembro de 2016

"O señor Ibrahim e as flores do Corán" en 2º de BACH.



GRUPO DE 2º DE BACH C

En 2º de bacharelato tivémonos  que desdobrar en dous grupos porque un só se facía moi numeroso, de aí que estamos a facer as reunións en sesións alternas os venres. En ambos os dous estamos comentando:

GRUPO DE 2º DE BACH A-B
"Aos once anos, rompín o meu porquiño e fun visitar as putas.
 O meu porco era un peto de porcelana vernizada, color de vómito, cunha fenda que lle permitía á moeda entrar, pero non saír. Aquel peto de dirección única escollérao meu pai, porque correspondía á súa concepción da vida: o diñeiro é para gardalo, non para gastalo. 
Había douscentos francos nas entrañas do porco. Catro meses de traballo."

Este comezo de novela non pasou desapercibido nos seus comentarios, achegarse a este neno protagonista e as súas carencias afectivas foi moi doado para a maioría dos clubeir@s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario