
Ler unha obra de
teatro sempre ten unha serie de inconvenientes coma a perda da
expresividade ou a desaparición da atmosfera máxica que causa a
autora con diferentes elementos coma a vestimenta, as luces ou os
decorados. Debido á falta de tempo no “Club de lectura” non
puidemos realizar a lectura colectiva da obra, que aínda que non é
tan proveitosa coma a representación, constitúe unha axuda
considerable.
Centrándome máis
na miña opinión persoal comezarei resaltando que o inicio da obra
non ten nada que ver co que sucede posteriormente: un convento de
monxas cunha relixiosidade peculiar (cunha temática a miúdo
relacionada co machismo e a degradación da muller) e moitas
faladurías circulando por un pequeno pobo, típico argumento dunha
novela galega non si? Non obstante, co paso das escenas o libro vai
adquirindo forma e amosa a visión feminista que quere dar a autora,
encuberta moitas veces mediante a sátira. Podemos obviar o que
sucede nun convento normal, pero non neste, aquí mestúranse todo
tipo de amores ilícitos, represión sexual e ideas creativas que a
escritora utiliza para tentar desviar a obra cara un novo terreo e
sorprender o lector (Exemplos significativos son “o cambio de sexo
de Nuno” ou o emprego de drogas por parte das discípulas de Deus).
Non penso que “Unha
primavera para Aldara” sexa unha obra nefasta, ao contrario, é
innovadora e aínda que se centra nun lugar clásico trata temas
frescos coma o feminismo ou o lesbianismo, deixando atrás o
ruralismo propio da literatura galega. Arríscome a dicir que é unha
das pezas máis atrevidas na nosa literatura tanto polas dúas razóns
anteriores coma pola mestura de algo tan puritano coma a relixión
con algo que eles consideran un pecado.
Agora si, a obra en
si non me pareceu amena, moitas pasaxes fixéronseme aburridas e
parecía que sobraban. Con respecto aos cambios de rumbo presentes na
peza teatral opino que moitos deles simplemente se deron para
reforzar as ideas da escritora e non cunha función lúdica. Un gran
erro foi que en lugar de ensinarnos o que é o feminismo ofrece unha
visión adaptada do que ela pensa sobre esta tema que pode variar
dependendo da persoa. Na miña opinión, onde máis se aprecia a
verdadeira esencia deste movemento é no final do libro, onde todas
as mulleres se unen para lograr un único obxectivo, manter o
convento. Como obxección negativa resaltaría o final xenérico que
se presenta, un final “medio feliz” onde todos os puntos están
atados e que non nos fai reflexionar sobre o tema principal da obra
citado anteriormente, o feminismo así coma a liberdade sexual da
muller. Pensemos nun final optativo... ¿se intercambiaramos o sexo
dos personaxes e fora un home o que tivese un fillo ilexítimo
acontecería toda esta historia? Aí é onde quero eu chegar señora
Teresa Moure.
1º de bacharelato C
Ningún comentario:
Publicar un comentario