xoves, 19 de novembro de 2015

Astérix en galego no noso grupo de 4º de ESO


O noso grupo de 4º de ESO está a ler as distinas aventuras de Astérix en galego. Este é un dos poucos cómics de éxito internacional que posúe unha ampla tradución en galego, con máis de 20 álbums traducidos desde 1976, ano no que se publicaron os primeiros títulos na nosa lingua dos cales foi tradutor Eduardo Blanco Amor.

Albert Uderzo e o  xa falecido René Goscinny son os autores desta exitosa serie de aventuras. Unha vez morto o segundo no ano 1977, o primeiro continúa en solitario até 2007. A partir desta data pasarán a ser Jean-Yves Ferri e Didier Conrad os seus autores. 

A día de hoxe contamos 36 volumes  que relatan as súas andanzas, desde a primeira, Astérix. O galo até a última publicada este mes, Astérix. O papiro do César.



Máis ligazóns interesantes:

ASTÉRIX. O PAPIRO DO CÉSAR, DE FERRI E CONRAD: O AGRADECIDO RETORNO DOS NOSOS GALOS PREFERIDOS


O PAPIRO DO CÉSAR E O CONTROL DA INFORMACIÓN.


POR TUTATIS! O NOVO ASTÉRIX EN GALEGO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario