domingo, 25 de outubro de 2015

"O xogo de Ender" tamén no noso club.



O xogo de Ender é unha novela de ciencia ficción, que tamén será unha das lecturas deste grupo de 1º de bacharelato durante o primeiro trimestre. Escrita por Orson Scott Card, está traducida ó galego  por Tomás González Ahola para a editorial Urco.

Esta novela goza dunha adaptación cinematográfica da cal vos deixamos o tráiler, nela o autor da novela fusionou dúas novelas desta saga: O xogo de Ender e A sombra de Ender.

Ningún comentario:

Publicar un comentario