luns, 31 de agosto de 2015

Davide Salvado "Meu cabalo"



Davide Salvado é unha voz engaiolante na nosa música tradicional galega de hoxe. A súa formación foi autodidacta percorrendo as aldeas na procura de coplas e ritmos. Iniciouse xunto a Ugía Pedreira e o grupo Ecléctica Ensemble e tamén traballou co gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Colaborou con Cristina Pato en "Rústica"  

Os seus traballos en solitario son "Árnica pura","O ladrón de amorodos" e vén de presentar este verán o seu novo disco "Lobos".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario