venres, 19 de decembro de 2014

As nosas poéticas postais de Nadal




"Que lle levo, que lle levo  
 ó pobre Neno Xesús.
 Dúas ovellas lle levamos, 
dinos que lle levas tu"

Elvira Lindo, Manolito ten un segredo



"Xa chega o día inesperado
xa temos todo rematado,
árbores decoradas, cartas
das rapazas, piden princesiñas
e bonecas bonitiñas.

Os raparigos, cheos de 

emoción, piden xoguetes 
que lles dean acción"

F. Ruano. 2º ESO B.




 

Os nosos clubeiros de 1º de ESO afanáronse na realización de postais de Nadal con poemas para felicitar as festas. Estas adornan a nosa árbore na biblioteca. Algúns realizaron as súas propias composicións e outros introduciron poemas de distintos autores e épocas. Aproveitamos aqueles que estaban relacionados co Nadal ou coas matemáticas.

Nesta actividade tamén participou, como traballo de aula, o alumnado de lingua galega de  2º ESO B.




Ningún comentario:

Publicar un comentario